imaxe da nova
Contratos

A Cultura no Reino Unido: menos é máis.

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 outubro 2012

Nun dos momentos máis álxidos da crise mundial e europea, fartámonos de oír como hai que conseguir volver á senda do crecemento económico, sabendo potenciar aqueles sectores que estratexicamente supoñan unha posibilidade real de reactivación económica. Nun escenario absolutamente globalizado, escoitamos ata a saciedade que a clave do éxito está en dar con elementos diferenciadores que nos fagan únicos e nos proporcionen unha “marca” como país. Pois no Reino Unido, é dito e é feito.

            Os ingleses entenderon que a súa música non só forma parte da súa idiosincrasia como pobo, non só é un elemento cultural único e universal, non só é un ben irrenunciable da súa realidade de ocio, senón que é xa a principal industria exportadora do país.

            E como as cousas non saen da nada, e como lexislar é comprender que para ter colleita hai que sementar, o goberno conservador ven de aprobar unha lei segundo a cal os pequenos negocios, aqueles cunha capacidade de menos de 200 persoas, non necesitarán unha licenza específica como sala de concertos. A única restrición será de horarios: os concertos terán que levarse a cabo de 20:00 a 23:00. A medida beneficiará aproximadamente a 13.000 hostaleiros en todo o país, ademais de infinidade de bandas, músicos profesionais, pequenos selos e promotores privados. No Reino Unido enténdese que para chegar ó “máis”, hai que traballar primeiro no “menos”.

            Sen dúbida, no mundo anglosaxón, a música popular goza dun respecto por parte da poboación e das institucións que é practicamente inexistente en España. Iso facilita as cousas. Unha vez máis... Spain is different...

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información