imaxe da nova
Institucións amigas

Músicos ao Vivo aporta o seu gran de area á Rede Galega de Música ao Vivo 2013

imaxe do usuario Xestor Xestor
1 outubro 2012

Músicos ao Vivo, Clubtura e Agadic resolveron introducir un par de novidades na nova entrega da RGMV para 2013. En primeiro lugar, vaise equiparar esta Rede ó resto de Redes Institucionais no que respecta á petición das altas na Seguridade Social. Dende Músicos ao Vivo apoiamos esta medida xa que consideramos que vai na senda da dignificación da nosa profesión, e da toma de conciencia de tódolos sectores implicados na Música ao Vivo. Para garantir a viabilidade de dita esixencia, introdúcese unha táboa de mínimos co fin de facer efectiva a cobertura laboral de tódalas actuacións da RGMV no 2013. A táboa de mínimos é progresiva en función do número de músicos de cada actuación.

Xunta Directiva de Músicos ao Vivo síntese satisfeita do transcurso de todo o proceso e recolle con entusiasmo o ofrecemento de Clubtura e Agadic de seguir traballando xuntos nestes e noutros ámbitos.
Seguimos traballando!!!

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información