imaxe da nova
Institucións amigas

Músicos ao Vivo inmersa en negociacións coa Rede Galega de Música ao Vivo.

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 setembro 2012

Despois de moito insistir, conseguimos que a AGADIC nos convocara para falar sobre a RGMVMúsicos ao Vivo acude á chamada conscientes da grande responsabilidade que supón ser portavoces de todo un sector, tan grande, tan heteroxéneo e que atravesa momentos tan complicados. Dende Músicos ao Vivo estamos traballando para facer visible a nosa realidade e o punto de vista do músico en tódolos ámbitos ós que podemos acceder. Se ben a Rede Galega de Música ao Vivo non supón, en termos cuantitativos, un circuíto especialmente relevante para o sector da Música ao Vivo no noso país, si que ten un valor simbólico moi importante para a nosa profesión. Estamos ante un circuíto que historicamente funcionou á marxe da Regulación Laboral no que se refire ó músico e é por iso que Músicos ao Vivo ten especial interese en que o aporte de fondos públicos sirva para sumar e non para restar. Para sumar na senda da dignificación da figura do músico e da cultura en xeral, para sumar na estabilización dun circuíto real, rico e variado como é o circuíto de clubs, salas, pubs e garitos e, en definitiva, para que un modelo cultural sostible, local e noso non se enturbe precisamente cando a administración entra a apoialo.
Dende Músicos ao Vivo, acudimos sempre con espírito construtivo e talante conciliador, e as nosas expectativas para con respecto á RGMV, son optimistas. Concretamente, a nosa atención agora mesmo está posta na inclusión dunha táboa de mínimos salariais, para facilitar a cobertura legal inescusable de todas as actuacións e a petición expresa das altas na Seguridade Social para así equiparar esta Rede co resto de circuítos institucionais existentes.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información