imaxe da nova
Protocolo contra o acoso sexual

Radio Galega: crise ou censura?

imaxe do usuario Xestor Xestor
1 setembro 2012

Asistimos a un comezo de curso conflitivo na Radio Galega. E non nos referimos ós recortes no audiovisual, nin ós axustes do cadro de persoal, nin ós cambios nos “sillóns” presidenciais, nin ós recortes no cátering matutino dos executivos, non. Referímonos á supresión do único programa da CRTVG dedicado exclusivamente ó Jazz.

O programa Estrano Froito, conducido por Pilocha, tiña o triste título de ser o único espazo nos medios públicos que tratara semana a semana esta música tradicionalmente minoritaria, pero que en Galicia leva uns cantos anos deixando unha fonda pegada, así como ducias de traballos discográficos e formacións interesantísimas. Son centos de miles de euros os que se moven nos Festivais de Jazz galegos. Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo, Nigrán, Cangas, e cada vez máis e máis vilas contan coa súa mostra anual de Jazz, dando en maior ou menor medida saída e presenza ós músicos galegos desta disciplina.

Radio Galega, noutro empeño glorioso por ir de costas á realidade, ven agora de suprimir un feixe de programas de carácter musical situados na fin de semana, entre eles, Estrano Froito, esgrimindo unha vez máis a espada da austeridade, contra o omnipresente monstro da crise. E como nós non nacemos onte, non podemos deixar de preguntarnos: ¿e non será este outro intento máis de manter á poboación ignorante, embrutecida, uniformizada, desinformada, e con sentimento de inferioridade cara o noso? ¿Non é, pois, unha forma de censura?

Se queredes, podedes facer chegar a vosa opinión a radiogalegamusica@radiogalega.es e dir.rg@radiogalega.es

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información