imaxe da nova
Institucións amigas

Músicos ao Vivo é socia fundadora de FEMA, a primeira Federación Española de Asociacións de Músicos.

imaxe do usuario Xestor Xestor
1 setembro 2012

Xa é oficial. O Ministerio de Traballo ven de aceptar os Estatutos de FEMAFederación Española de Músicos Asociados. Despois dun par de anos de contactos e duns meses de duro traballo, conseguimos formalizar o que ven a ser un fito histórico para a nosa profesión e para o asociacionismo profesional no pais. As Asociacións Fundadoras son:

MUSICat de Catalunya
MUSXXI e UMTRADE de Madrid
PROMUSIC das Illas Canarias
MÚSICOS AO VIVO, de Galicia

Son moitas as asociacións do resto do estado que xa solicitaron sumarse a FEMAO obxectivo é conseguir unir a tódolos colectivos profesionais de músicos, para así poder ter dunha vez presenza na Administración Estatal, e non só a nivel autonómico.

Tamén son moitas as cuestións que temos en riba da mesa, pero sen dúbida será a problemática laboral, e a consecución dun marco na Seguridade Social axeitado ás características da nosa profesión, o que marcará os primeiros pasos da Federación. Longa vida ó asociacionismo dos músicos!!

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información