imaxe da nova
Contratos

Novos labirintos discográficos

imaxe do usuario Xestor Xestor
1 setembro 2012

Outra volta de torca ó marabilloso mundo do mercado musical. Pero neste caso, si estamos ante un cambio significativo. A partir de agora, terás que volver ó conservatorio se pretendes gozar das últimas novidades discográficas en pleno século XXI. Ou iso, ou botar man dun músico profesional para que che axude a descifrar o próximo disco que merques. Explicámonos.
O músico californiano Beck decidiu que o seu último disco se edite única e exclusivamente en papel. Isto é, en partitura e anotacións propias para a execución das súas composicións. As 20 cancións que integran esta obra, non foron gravadas nunca, e só se poderá acceder a elas a través das partituras, que sairán editadas por Faber & Faber, nun volume especialmente coidado de 108 páxinas. O fenómeno non ten desperdicio, xa que o propio artista anima ós seus fans a que insuflen vida ós seus temas. Xa vos podedes imaxinar a cantidade de versións que inundarán a rede nas próximas semanas.
Non sabemos se será o inicio dunha práctica estendida, tampouco sabemos se se converterá nun substituto á edición en audio. O que si parece é que é cando menos, un xeito de promoción fantástico, que non é pouco.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información