imaxe da nova
Institucións amigas

Músicos ao Vivo cumpre dous anos ofertando o sistema de facturación para os seus socios.

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 agosto 2012

Máis de 70 socios facturan máis de 150.000€ a través de Músicos ao Vivo. A mediados de 2010 asinouse o convenio de colaboración coas cooperativas da asociación profesional de músicos de Catalunya (MUSICAT) polo cal os socios de Músicos ao Vivo poden beneficiarse e facturar as súas actuacións musicais a través do sistema de cooperativas de músicos que teñen implantado en Cataluña dende hai máis de 15 anos. A acollida deste modelo de xestión en Galicia, que esperamos que sexa o xerme dunhas cooperativas de músicos propias en Galicia no medio prazo, foi realmente boa, contando con máis de 70 socios galegos que fan uso cotiá do servizo. Dende a súa posta en marcha ata o verán do 2012, os socios de facturación moveron en Galicia un volume de máis de 150.000€, proba da necesidade e viabilidade deste sistema para os músicos galegos. Entre as vantaxes que supón o modelo para os músicos destacan:

– Fomento do asociacionismo dos músicos – Opción de facturar amparado en todos os dereitos legalmente establecidos – Consideración de traballador por conta allea – Sinxeleza e exención de realizar calquera tarefa administrativa – Custos de xestión axustados ao mínimo –Opción de facerse autónomo dentro da propia cooperativa polo tempo que estime oportuno. Aínda non sabes de que vai isto? Tes máis información sobre o servizo de facturación no noso dossier informativo e no Manual de Boas Prácticas.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro