imaxe da nova
Protocolo contra o acoso sexual

Casa de Tolos prepara unha canle musical que emitirá concertos e documentais

imaxe do usuario Xestor Xestor
13 agosto 2012

O estudio de gravación dirixido por Segundo Grandío, Casa de Tolos, está a preparar os contidos para unha nova canle de R, "Música Tolemias" que comezará a emitirse a finais de setembro. Ofreceranse unha escolma dos mellores concertos de Galicia e norte de Portugal, gravados coa unidade móbil do estudio.

A colaboración con R e co clúster do audiovisual galego exténdese tamén a unha serie de documentais: - "A música:alma e industria" no que un nutrido grupo de artistas analizan a situación actual da industria musical. - "O rock noso de cada día", onde se fai un seguimento á vida diaria do grupo Moon Cresta. - "De Voces Ceibes a Milladoiro", no que se analiza a música en Galicia dende os inicios de Voces Ceibes ata o éxito de Milladoiro. - "Música e lendas arredor das Cíes", protagonizado polo gaiteiro Xavier Blanco.

A canle será de suscrición gratuita e poderase ver baixo demanda (VOD) na plataforma televisiva.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información