Polo mes de Agosto de 2012 comezabamos a nosa experiencia cunha ferramenta de comunicación e información propia desta Asociación. Os obxectivos eran os de manter operativa unha canle permanente de contacto c@s nos@s soci@s, facendo máis efectiva así unha posible toma de decisións consensuada no momento en que fora preciso. Para Músicos ao Vivo é fundamental saber que os preto de 300 soci@s estamos conectados, e operativos. Tamén era a nosa intención a de dotarnos dun referente de opinión propio, que se ben emana da Xunta Directiva de Músicos ao Vivo, pretende ser o sentir xeral da comunidade de tod@s aqueles que nos subimos ós escenarios cada semana.
Foi un ano no que percibimos que a transcendencia do que aquí se publicou superou dun xeito abraiante as nosas máis optimistas expectativas. Este feito fainos tomar consciencia de que hai moita xente do sector da música que escoita o que temos que dicir. Ás veces con suspicacia, outras veces con ilusión, outras con medo, pero non hai dúbida de que este boletín tómase en conta. É por isto, que toca celebrar o primeiro aniversario do Boletín Quincenal de Músicos ao Vivo. Longa vida!!!!!
Pincha para ver os Boletíns.