imaxe da nova
Institucións amigas

Asemblea Extraordinaria este domingo 22 de Setembro de 2013

imaxe do usuario Xestor Xestor
23 setembro 2013

Este  domingo 22 de setembro terá lugar unha Asemblea Xeral Extraordinaria  no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), ás 17:00h. O motivo desta asemblea extraordinaria é informar aos socios sobre as importantes actuacións que se levarán a cabo na última parte deste ano.

Por unha banda, compartiremos a última información relativa ós Premios Galegos da Música e debateremos as propostas que nos fagades chegar para a elección do Premio Honorífico Músicos ao Vivo que se dará a un músic@ galego por toda a súa traxectoria.

Preparade a vosa elección, porque desta asemblea sairá o elexid@.

Tamén presentaremos á nova imaxe de Músicos ao Vivo, que irá acompañada dunha nova web da asociación e unha web específica para os Premios. Por último, faremos balance do ano e contemplaremos novos escenarios para o 2014. Hai moito que falar e que decidir.

 

Esperámosvos!!

 

A Xunta Directiva

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información