Despois de moitos meses de traballo, xa vemos os Premios Galegos da Música convertidos nunha realidade. A data tan agardada para sacar todo á luz será este Venres 20 de Setembro ás 11:30 no Consello da Cultura Galega. Aproveitamos esta ocasión para convidar a tod@s @s soci@s a que se acheguen a compartir este momento. Dende Músicos ao Vivo cremos non esaxerar ó afirmar que nos atopamos ante un fito histórico. Aínda queda moito traballo para ir atendendo todo o proceso, e queremos seguir sumando apoios, ánimos, entusiasmo e expectativas de todo o sector cultural galego, de toda a industria musical, de todos os medios de comunicación, e en definitiva, de toda a sociedade galega.
Todo o esforzo que nos trouxo ata aquí querémolo ver transformado en visibilidade para toda a música galega. Veñas de onde veñas, fagas o que fagas... Se é música, estes son os teu Premios...