O balance non podía ser máis positivo. Rozando xa os 400 proxectos inscritos nas 13 categorías. E non é só cuestión de cantidade senón de calidade e representatividade. Son tantos os nomes e os proxectos que o único que podemos pedir é que vos pasedes por www.premiosgalegosdamusica.com e botedes un ollo. A todos os grupos e músicos, parabéns. Entre todos, estamos conseguindo que os nosos Premios sexan unha realidade rotunda. O balance a día de hoxe é:
Pop e Indie: 65
Rock, Blues, Funk e Soul: 76
Jazz e Músicas Improvisadas: 33
Hiphop e Músicas Urbanas: 17
Música Clásica/ Contemporánea: 25
Folque: 31
Música Tradicional Galega: 16
Música do Mundo: 48
Música Infantil: 12
Electrónica: 27
Metal: 21
Reggae, Ska e Mestizaxe: 14
Orquestras, Grupos e Música de Verbena: 13
Este domingo 20 de Outubro pola noite pecharemos o período de inscrición. Xa non se poderán subir máis proxectos nin editar a información dos grupos. A partires dese intre, serán os socios e socias de Músicos ao Vivo @s encargad@s de comezar a Primeira Rolda de votacións, da que sairán 3 finalistas por Categoría. Aínda quedan uns días para @s rezagad@s que non se inscribiron. Bulide!!!