imaxe da nova
Protocolo contra o acoso sexual

Antonio Cruz Arévalo “El Peri”, Premio Honorífico Músicos ao Vivo 2013.

imaxe do usuario Xestor Xestor
17 outubro 2013

Todas as dúbidas lóxicas que xurdiran en torno a outorgar un Premio Honorífico foron disipándose nas conversas cando saía o nome do “Peri”. Canta xente tan diversa, querendo tanto a unha mesma persoa, que ó mesmo tempo segue a ser tan descoñecida para tantos e tantos músicos. As dúbidas poden ser moitas, sobre todo cando o Premio Honorífico é o primeiro. Pero qué sinxelo foi nesta ocasión. Era o momento de recoñecer ó “Peri”. E decidiuse por unanimidade.

Pero, que se premia? Por que? Ante quen? Antonio Cruz “Peri” sempre foi de retagarda, de sombra, desa última copa co local pechado, e nunca demandou focos, atención, nin titulares. Aquel batería que con 17 anos marchou de Galicia porque o arcebispado prohibía facer música 45 días seguidos por cuestións de axendas divinas, non parou máis. Para os que hoxe nos dedicamos á música de xeito profesional, botar a vista atrás e recoñecerte nun batería que polo ano 1958 xa andaba enleado en métodos, estudios, ensaios, gravacións, xiras, etc... fai que te sintas parte dese mesmo motor que leva tirando de tantos músicos xeracións tras xeracións...

Ano 2013. Pero quen é o “Peri”? Nos I Premios Galegos da Música Martín Códax tócanos a nós recoñecer a un músico que sempre tivo as portas abertas ó resto dos músicos, foran de onde fosen, e viñeran de onde viñesen. Un batería que pasaba asombrosamente de profesor a alumno nun abrir e pechar de ollos. Un tipo inmenso, cun corazón de tumbao, e cunha mirada de rumba, que aínda hoxe, pasados os 70 anos, fala de música e resplandece...

 

 

 

 

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información