imaxe da nova
Institucións amigas

Este domingo 10 de Novembro remata a Primeira rolda de votacións

imaxe do usuario Xestor Xestor
5 novembro 2013

 

 

 A Segunda fase dos I Premios Galegos da Música Martín Códax vai vento en popa. Despois do éxito conseguido na fase de inscrición de proxectos, toda a atención se centra en cales serán os finalistas das 13 Categorías deste ano. Como é de tod@s coñecido, as votacións corren por conta dos socios e socias de Músicos ao Vivo. Dende a organización dos Premios, pretendemos dar un voto de calidade e de prestixio, dotando de toda a lexitimidade e transcendencia posibles a uns Premios que veñen ocupar un baleiro histórico en Galicia. É por isto, que non nos cansaremos de pedir a todos os socios e socias de Músicos ao Vivo que entren na web, gocen, escoiten, coñezan e decidan, cales son os proxectos que merecen un plus de visibilidade neste ano 2013. É a nosa responsabilidade, é o noso dereito. É un motivo de orgullo. Gocémolo entre tod@s.

 

Lembrade que para validar a votación, teremos que escoller ós tres finalistas (1 punto, 2 puntos, 3 puntos) de polo menos 5 categorías. Pasade a voz!!! O prazo remata o día 10 de Novembro!!!

 

 

 

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información