imaxe da nova
Contratos

Flamenco 2.0

imaxe do usuario Xestor Xestor
5 novembro 2013

 

 

E unha vez máis temos ás novas tecnoloxías tendendo pontes entre persoas, países, músicas, cabezas, orellas, mundos... José Ramírez era un cantaor emigrado en Alemaña que sentiu que faltaba algo no seu universo persoal. Como é posible que haxa tanto afeccionado ó flamenco por todo o mundo, e non exista un espazo na rede onde xuntarse, reunirse, falarse, e intercambiar coñecemento? E foi que José Ramírez, que non tendo idea de navegadores e ordenadores, contacta cun coleguita que lle apaña unha web la mar de xeitosa e veña que xa nace www.flamencomaniaco.com.

 

 

E agora, xa temos unha rede social para que os flamencos de todo o mundo se atopen. Pero non esquezamos outras aparicións tecnolóxicas dignas de mención: Flamenco Metronome Pro, para aprender as bulerías e as soleás..., Flamenco Radio Player 24 hours, para non perder o soniquete en todo o día, Flamenco Palmas, para sentirte como Peret e os seus palmeiros, ou Doctor Compás, etc.... É curioso como no mundo da música hai tanta xente intentando que as novas tecnoloxías e a música non se atopen, e a realidade non para, non obstante, de dar leccións de que xa non se separarán en moito tempo.

 

 

A gran cuestión, a gran pregunta... Esta xuntanza será para ben, ou será para mal? Polo de agora, é...

 

 

 

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información