Xa temos nomes e apelidos d@s 39 finalistas dos I PREMIOS GALEGOS DA MÚSICA MARTÍN CÓDAX Onte demos a coñecer os resultados das votacións, e o único que nos resta por engadir é que os socios e socias exerceron o seu dereito ó voto nunha porcentaxe de participación máis que notable. Unha vez máis, rematamos unha nova fase deste histórico proxecto coa sensación de que estes Premios naceron para quedarse, e para encher con entusiasmo un baleiro que xa forma parte do pasado.
Os socios e as socias de Músicos ao Vivo falaron. E aquí temos os resultados:
POP e INDIE:
-Xoel López
-Eladio y los Seres Queridos
-Tereland
ROCK, BLUES FUNK E SOUL
-Narf
-Cró
-Foxy Freire
JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS
-Abe Rábade Trio
-Marcos Pin factor E-Reset
-Paco Charlín Flood
HIP HOP E MÚSICAS URBANAS
-Dios que te crew
-Woyza
-García Mc
MÚSICA CLÁSICA E CONTEMPORÁNEA
-Taller Atlántico Contemporáneo
-Orquesta Vigo 430
-Vértixe Sonora Ensemble
FOLQUE
-Berrogüeto
-Cuarteto Caramuxo
-Caxade
MÚSICA TRADICIONAL GALEGA
-Treixadura
-Davide Salvado Trio
-Cantigas e Agarimos
MÚSICAS DO MUNDO
-Banda Crebinsky
-2us
-Germán Díaz método Cardiofónico
MÚSICA INFANTIL
-Mamá Cabra
-A Nena e o Grilo nun Barquiño
-Pablo Díaz e a Banda Tic Tac
ELECTRÓNICA
-Das Kapital
-Aquófono
-Sub Rosa
METAL
-Machina
-Nao
-Tälesien
REGGAE, SKA E MESTIZAXE
-Transilvanians
-Dakidarria
-Cuchufellos
ORQUESTRAS, GRUPOS E MÚSICAS DE VERBENA
- A Magnifique Band
-Os da Ría
-Orquesta Os Modernos
Parabéns ós Finalistas, e longa vida a todos os proxectos, grupos, e músicos inscritos na web dos I PREMIOS GALEGOS DA MÚSICA MARTÍN CÓDAX, www.premiosgalegosdamusica.com. A partires deste momento, queda aberta a segunda rolda de votacións para escoller de entre os tres finalistas de cada Categoría, ó proxecto máis relevante, ó mellor grupo, ó músico merecedor de maior recoñecemento. O prazo rematará o 10 de Decembro. E o venres 13 de decembro, verémonos tod@s no Pazo da Cultura de Pontevedra para a gran Gala.