Músicos ao Vivo colabora na I Edición do CERTAME DE CANTAUTORES E CANTAUTORAS CONCELLO DE TEO.
Trátase dun certame que pretende presentar unha mostra das creacións galegas de autoría propia; ofrecer ós/ás cantautores/as oportunidades para darse a coñecer; ofrecer ás persoas participantes a oportunidade de conseguir un material de gravación e promoción que apoie a súa carreira e contribuír á normalización lingüística da lingua galega nun eido tan importante para a difusión do idioma.
Esta iniciativa conta co apoio da Sercretaría Xeral de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia e de Gadis.
Tedes ata o 10 de marzo para inscribirvos.
Acceso ás bases aquí.