imaxe da nova
Protocolo contra o acoso sexual

As salas de música mobilízanse contra a subida do IVE en A Coruña

imaxe do usuario Xestor Xestor
20 xaneiro 2014

O próximo martes 21 de xaneiro, terá lugar en A Coruña un novo acto da campaña de mobilización “O 21 todos contra o 21%” promovida pola “Alianza Empresarial por el Turismo y el Ocio Nocturno, ProNOCHE”,  a “Asociación Estatal de Salas de Música en Directo, ACCES” e a “Asociación Galega de Salas e Locais de música ao Vivo, CLUBTURA”.

 

A campaña “O 21 todos contra o 21%” pretende mobilizar ao sector do ocio, a cultura e os espectáculos e facer chegar a opinión pública a protesta destes sectores contra o IVE cultural que está provocando a ruína económica destas empresas e o deterioro da actividade turística e cultural do noso país.

 

A campaña de protesta ven recorrendo cada día 21 as principais capitais españolas e acude A Coruña despois de estar en Madrid, Barcelona ou Valencia. A acción de A Coruña será un acto simbólico protagonizado pola Santa Compaña do ocio e a cultura que visitará a Delegación de Facenda de A Coruña para denunciar o comportamento do Ministerio de Facenda, que perante este ano está levando a ruína coas súas actuacións as empresas do ocio, a música, a cultura e o turismo do Estado Español.

 

Con respecto as acciones da campaña de protesta, A Santa Compaña visitará la Delegación de Facenda e durante toda a semana a campaña estará presente nas principais discotecas e salas de concerto de A Coruña para informar ao público da ruína económica provocada pola subida do IVE ao 21% e do incremento dun 10% dos impostos especiais as bebidas alcohólicas.

Coincidindo coa celebración da Feira de Turismo Internacional. FITUR, máis importante de España, o acto de A Coruña servirá para aportar información sobre  impacto económico da crises e a subida do IVE no sector do ocio, a cultura e los espectáculos musicais pero tamén para aportar información sobre o deterioro que a crises do ocio provoca no atractivo turístico do Estado Español.

A convocatoria terá lugar na porta da Delegación de Facenda de A Coruña sita na Rúa Comandante Fontanares nº 10, previamente a que A Santa Compaña, entregue no rexistro de entrada una carta para o Ministro Montoro

Durante la concentración terá lugar o GRITO DE SILENCIO que cada vez ten más popularidade nas redes sociais

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información