Esta reivindicación, históricamente exixida polos músicos, tivo resposta por parte da Comisión Europea que aprobou o 26 de marzo de 2013 unha proposta de revisión da normativa que inclúe por primeira vez, disposicións sobre o transporte de instrumentos musicais a bordo de avións como equipaxe de man.
Agora depende dos ministros de transportes e dos membros do Parlamento Europeo aprobar no Pleno do 4 de febreiro de 2014 o texto votado pola Comisión de Transportes e turismo de Parlamento Europeo.
Dende Músicos ao Vivo apoiamos esta medida de vital importancia para os músicos, e por iso, xunto coas outras asociacións pertencentes a FEMA (Federación de Músicos Asociados) e a través da AIE (Sociedad de Gestión de intérpretes y ejecutantes) remitimos unha carta ao Ministerio de Fomento de España (responsable dos transportes) e aos portavoces dos partidos políticos con representación no Parlamento Europea, para que aproben o texto que presentará o Comité de Treansportes da U.E.