imaxe da nova
Protocolo contra o acoso sexual

Músicos ao Vivo colabora no seminario "O negocio Musical actual. Listos para exportar?", organizado por Agadic e MMF Spain

imaxe do usuario Xestor Xestor
10 marzo 2014

Músicos ao Vivo colabora neste seminario no que participarán profesionais de talla mundial.

Achegamos información sobre o seminario profesional ‘O negocio musical actual. Listos para exportar?’, que a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o Music Managers Forum (MMF) Spain, coa colaboración de Músicos ao Vivo e SGAE, organizan do 24 ao 30 de abril de 2014 co obxectivo de lles facilitar aos managers e artistas autoxestionados unha serie de ferramentas teóricas e prácticas para deseñar, negociar e executar unha estratexia de expansión, dentro e fóra de España, nos ámbitos máis relevantes da industria musical.

Neste sentido, contarase coas achegas de destacados profesionais internacionais como Keith Harris, manager de Stevie Wonder e director xeral da Motown nos setenta; Stuart Worthington, do MMF Training,e Christian Ulf-Hansen, coñecido polo seu traballo con artistas como Gabrielle, Lisa Loeb, Ron Sexsmith ou Corinne Bailey Rae, entre outros.

 

Datas
24, 25, 29 e 30 de abril de 2014
 
Lugar
Cidade da Cultura de Galicia (Centro de Innovación Cultural). Santiago de Compostela
 
Dirixido a
Managers e artistas autoxestionados
 
Número de prazas
30 (por rigorosa orde de inscrición)
 
Inscrición
Ata o 31 de marzo a través do e-mail info@mmf-spain.com, indicando no asunto ‘Inscrición no Seminario O Negocio Musical’ e achegando nome completo e profesión, así como os datos de contacto. Posteriormente, a organización remitiralles aos solicitantes un formulario para cumprimentar, así como os datos bancarios para o pago da matrícula.
 
Matrícula
22 euros xeral / 20 euros para socios de MMF, SGAE e Músicos ao Vivo, así como para usuarios do espazo coworking Emprende Cultura Gaiás
 
Organizan
O seminario está organizado pola Agadic e o MMF-Spain, coa colaboración da SGAE e a asociación Músicos ao Vivo
 
Contacto
info@mmf-spain.com 

-Programa do seminario ‘O negocio musical actual. Listos para exportar?’ 

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información