A partir do 9 de abril, ábrese o prazo de inscrición para os 6º Premios da Música Independente.
Os Premios da Música Independente celebran a súa sexta edición consolidados como un dos premios de referencia do sector.
En 2014, o país invitado é Brasil por tratarse dun mercado vital e en plena expansión. Este país latinoamericano é o caldo de cultivo de multitude de bandas independentes e ademais de ser por descontado unha potencia musical económica. Brasil é probablemente un dos mercados en auxe par a música independente.
Estes premios da Música Independente diríxense a todos os artistas ou bandas que publiquen obras no 2013 e cumpran as condicións establecidas nas bases, ademais están abertos a todos os profesionais do sector que teñan cabida nas categorías profesionais.
Recordámosvos que toda a información relativa aos premios terédela dispoñible na páxina web www.premiosdelamusicaindependiente.com