A Agadic reforza o apoio á internacionalización da industria cultural galega cunha convocatoria de axudas para a asistencia ao MICSUR.
Destina un orzamento total de 20.000 euros a sufragar parte dos gastos da viaxe e a estadía en Arxentina das compañías galegas convidadas especificamente pola organización do Mercado de Industrias Culturales del Sur que se desenvolverá na cidade arxentina de Mar del Plata do 15 ao 18 de maio de 2014. Segundo as bases publicadas no Diario Oficial de Galicia núm. 76, o prazo de presentación de solicitudes esténdese do 23 de abril ao 22 de maio.
A finalidade da presente convocatoria é o fomento da internacionalización das industrias culturais galegas, en especial en mercados con vínculos culturais comúns con Galicia, como é o mercado de América do Sur.
Máis info aquí.