imaxe da nova
Institucións amigas

Asociación e Democracia.

imaxe do usuario Xestor Xestor
3 xuño 2014

Vivimos tempos de axuntar esforzos. De sumar entre iguais. De recoñecerse uns ós outros, e de construír dende cero sobre unhas bases estables e duradeiras. É unha das fórmulas de crecer como sociedade e de fortalecer as comunidades ás que pertencemos. Non todas as agrupacións de individuos son iguais. Hai algunhas que van en serio, nacen, medran e pretenden incidir na realidade, e hai outras que xorden froito do oportunismo, sen unha base real, e cun obxectivo espurio e limitado no tempo. 

 

A Asociación Músicos ao Vivo naceu hai 6 anos contra vento e marea, e consolidouse nun breve período de tempo como un referente indiscutible e necesario para @s músic@s deste lado do “telón de grelos”. Os impulsores deste proxecto queremos predicar co exemplo e contribuír unha vez máis á boa saúde desta Asociación.

 

Neste ano 2014 a actual Xunta Directiva vai abrir o proceso de transición ata unha nova equipa de músic@s, socios e socias que tomen o relevo e impriman novas forzas a este proxecto tan ilusionante e tan necesario. Estades tod@s convidad@s a formar parte deste novo reto, que non traerá máis que madurez, fortaleza e unha longa vida a Músicos ao Vivo.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información