imaxe da nova
Contratos

FEMA A POLA REFORMA LABORAL

imaxe do usuario Xestor Xestor
9 setembro 2014

Como tantas veces se ten comentado, o regulamento que regula o sistema de altas e baixas dos músicos na Seguridade Social pode ser útil para aqueles que traballan en contratos fixos ou de longa duración, pero para os que facemos bolos - que hoxe en día somos a maioría - resulta incómodo e atenta contra os nosos intereses.

Por este motivo, a Associació Prefessional de Músics de Catalunya (MUSICAT) presentou no seu día un proxecto de reforma baseado na creación dun censo de músicos que causarían alta permanente na la Seguridade Social e regularizarían mensualmente as súas cotizacións pagando en proporción ao que houbesen traballado. Viría a ser como se os músicos foramos autónomos, pero soportando unha cota proporcional aos emolumentos percibidos. Este sistema cubriría así mesmo a os organizadores de espectáculos musicais xa que terían garantidas as altas dos músicos contratados. Tamén potenciaría o papel das asociacións de músicos que, dun xeito ou outro, deberían participar na elaboración do censo. Finalmente, constituiría unha gran ferramenta para combater a intrusión, xa que para formar parte do censo habería que acreditar convenientemente un bo nivel profesional.

A pesar de contar có visto e prace de tódalas forzas políticas con representación parlamentaria, o proxecto non foi aceptado polas administracións correspondentes que, seguramente, consideraron que

MUSICAT carecía da representatividade necesaria no conxunto do territorio nacional. Por este motivo, a Federación Española de Músicos Asociados

(FEMA) se propón presentar de novo ás correspondentes instancias o antigo proxecto de MUSICAT, pero esta vez avalado polo máximo organismo de representación dos músicos no estado español. Por tratarse de un dos seus obxectivos prioritarios, a Federación dedica o maior esforzo a ampliar a súa representatividade incorporando o maior número posible de organizacións de distintas autonomías. Con este respaldo, o proxecto contaría co mellor aval para garantir a súa viabilidade.

Segundo o calendario establecido por FEMA, a partir de setembro e ata finais do primeiro trimestre de 2015, levarase a cabo o proceso de ampliación da Federación que actualmente xa representa a máis de cinco mil músicos de catro comunidades distintas e, de forma inmediata, procederase a presentar o proxecto de reforma ao Ministerio de Traballo e Seguridade Social.

Está claro que a súa aceptación non acabaría cos problemas dos músicos, pero tamén é certo que contribuiría a mellorar ostensiblemente a nosa situación.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información