imaxe da nova
Contacto e Tarifas

ENTREVISTA ISAAC GARABATOS SOCIO Nº 146

imaxe do usuario Xestor Xestor
10 setembro 2014

-Isaac Garabatos pertence a diferentes formacións tan dispares como Xardín Desordenado, Tender a man ou Isga Collective, nos dous casos conxúganse os textos poéticos con variados estilos musicais. Porque escolliches este camiño creativo?

Supoño que non o escollín dun xeito premeditado, a danza, literatura ou os visuais son disciplinas que foron cada vez aparecendo no meu camiño profesional e confluíndo con moita naturalidade en moitos dos proxectos. Todas as formacións ás que fas referencia teñen sen dúbida un nexo común que é a poesía e o carácter multidisciplinar.

- Entre os teus proxectos tamén se atopa Gazzfunkdation, que cousas podemos agardar como público deste trío?

Aínda que parte dun formato trío dentro dun vocabulario ou estética Funk/Jazz onde a improvisación é a característica fundamental planease como un escenario aberto á colaboración con outros músicos, Mc´s, poetas, bailaríns … 

- Con varios dos teus grupos tes percorrido lugares como Xapón, Helsinki, Marsella, Bruselas...etc. Como ten sido esa experiencia?

Para min é unha gozada poder interpretar a nosa visión actual das cantigas do S.XIII de Matín Códax en Frankfurt ou en  L´Orient con ISGA Collective, máis aínda coa fantástica reacción e interese que amosan por este tipo de proxecto con claro sabor galego … boto en falta este interese, curiosamente, en Galicia.

- Como cres que está a ser a xestión do(s) goberno(s) no tocante á música profesional?

Fai algúns anos que xa me desencantou  esta “xestión”. Por outra banda vimos moi mal acostumados a deixar en mans da administración a financiación de concertos e circuítos. Sen dúbida teñen que apoiar a cultura en xeral e nós tratar de buscar outras fórmulas.

-Porque pensas que é positivo asociarse a Músicos ao Vivo?

Precisamente unha das funcións e a de ser unha voz común do estado da música e os músicos galegos e ser interlocutor coas administracións... etc

- Que opinas sobre os Premios Galegos da Música?

A miña opinión e moi positiva. Incluso deixando a un lado que alguén vai gañar (as miñas felicitacións!) Xa unicamente por saber uns dos traballos dos outros e dar visibilidade en xeral, paga  a pena.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información