imaxe da nova
Institucións amigas

Recta final para os premios

imaxe do usuario Xestor Xestor
11 decembro 2014

O día 17 de Decembro celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra a Gala dos Premios Martín Códax da Música. Un ano máis, a Dirección Artística correrá por conta do Grupo Chévere, que xa andan enleados nos últimos detalles do espectáculo. A axilidade, a diversión e a intelixencia transgresora, están polo tanto garantidas.

 

            Atrás quedou o prazo de Inscrición, con 360 proxectos inscritos. Atrás quedou a Primeira rolda de votacións, da que saíron 54 Finalistas. E atrás quedou tamén a gran Cea de Finalistas coa que un ano máis o principal patrocinador dos Premios, Martín Códax, quixo agasallar a todo o colectivo de músicos, na súa propia casa. Moitas grazas outra vez, e parabéns ós Finalistas deste ano:

 

Pop e indie: Ataque Escampe / Silvia Penide/ Los Chavales

Rock: Cró / Narf Trío / The Cornelius

Blues, funk & soul: Cats and Monkeys / Bakin Blues Band / Victor Aneiros

Jazz e músicas improvisadas: Sumrrá / Felipe Villar Trío / Xan Campos Trío

Hip-Hop e músicas urbanas: Wöyza / Som do Galpom / Aid Alonso

Música clásica e contemporánea: Orquestra Vigo 430 / Sounding Images / Samuel Diz

Folque: Vaamonde, Lamas e Romero / Cuarteto Caramuxo / Caxade

Música tradicional galega: Treixadura / Davide Salvado / Malvela

Músicas do mundo: Dos fíos invisibles chegan as cores / Trilitrate / 2uS

Canción de Autor: A Cada Canto / Xoel López / Xoán Curiel

Música infantil: Pablo Díaz e a Banda Tic Tac Toc /  Xiqui Xoque Fiú Fiú! / Golfiños

Electrónica: Sub Rosa / Pálida / Chrysalid9

Metal: Aphonnic / Nao / Machina

Reggae, Ska & Mestizaxe: Zamaramandi / Dakidarría / Transilvanians

Orquestras, grupos e música de verbena: Orquestra Os Modernos / Los Satélites / Claxxon

Premio Organistrum Salas: Aturuxo / Garufa Club / Sala Capitol

Premio Organistrum Festivais: Espazos Sonoros / Festigal / Festival Sinsal Son Estrella Galicia

Premio Organistrum Espazos de Comunicación Musical: GZMúsica / Planeta Furancho / Tres Peixes Voando

 

            Ata o día 14 de Decembro, Domingo, está aberta a Segunda Rolda de Votacións para escoller ós Premiados e Premiadas de cada Categoría. Non deixedes de entrar na web dos premios www.premiosmartincodaxdamusica.com. Escoitade, gozade do talento, descubride a música dos vosos colegas músicos, e votade. A vosa voz é importante, fundamental. O Premio é o prestixio e a distinción que o colectivo de músicos outorga a un e a outro proxecto. Todo o mundo agarda ouvir a nosa voz, agora tócanos a nós falar.

 

            E o Mércores 17 de Decembro, facemos un chamamento a encher o Pazo da Cultura de Pontevedra. A entrada é de balde, ás 21:00. A emoción está asegurada. Ven compartir a Gran Festa da Música Galega!!!!

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información