imaxe da nova

Vinilos feitos con radiografías

imaxe do usuario Xestor Xestor
17 marzo 2015

Se nos preguntasen que desde cando existe a pirataría musical, diriamos que desde que se inventou a cinta de casete, un medio barato, sinxelo e portátil, que era moi fácil de duplicar. En realidade, o contrabando xeneralizado remóntase aínda máis lonxe do que cabía pensar.

 

Durante a década dos anos 50, na antiga Unión Soviética, apareceu un movemento chamado stilyagi -eran os hipsters da época-, cuxos membros se declaraban fanes incondicionais da cultura occidental, e máis en particular, da súa música -jazz, boogie e rock'n’roll-. Desesperados polas “melodías occidentais prohibidas”, idearon unha maneira de imprimir os seus propios rexistros. O único problema era a escaseza de vinilos.

 

Tempos desesperados requiren medidas desesperadas. A solución consistiu en facer gravacións caseiras en radiografías usadas. Era a chamada “bonemusic”. Debido á escaseza de vinilo, os stilyagi buscaban nos colectores residuais hospitalarios, para atopar radiografías refugadas, moi abundantes e baratas.

 

Cun cortador de disco, duplicaban as cancións occidentais que lograban introducir na Unión Soviética, a través de países satélites como Hungría. Copiaban o son na radiografía, cortaban o círculo cunhas tesoiras, e utilizaban un cigarro para facer o burato do centro, feito que permitía reproducir a gravación en calquera plataforma xiratoria.

 

As gravacións eran de moi mala calidade, pero asombrosamente baratas, xa que un disco podía custar ao redor dun rublo no mercado negro. Apareceron uns distribuidores de “bonemusic”, chamados “Roentgenizdat”, unha rede clandestina reprodutora de temas censurados no bloque soviético. Pouco despois, o “Roentgenizdat” distribuiría millóns de gravacións en formato de raios X.

 

Foi un mercado que non durou moito tempo, pois as autoridades soviéticas, durante finais da década dos 50, acabaron cos distribuidores máis importantes. Nos 60, os mozos leninistas do Komsomol, facían patrullas para cazar aos distribuidores, cuxas gravacións eran confiscadas.

 

Co tempo, a industria da música occidental popularizou a súa propia versión desta “bonemusic”. Sería cos flexi-discos, que de igual modo que as gravacións en radiografías, eran gravacións feitas en láminas de vinilos delgados e flexibles, que se adoitaban distribuír en revistas e mesmo en caixas de cereais.

 

Imaxinádesvos estar a escoitar un vinilo de ElvisPresley nunha radiografía do tórax?. Os stilyagi afirmaban que desa maneira Elvis viaxaba nos pulmóns dun moscovita con tuberculose e DukeEllington na exploración cranial da tía Natasha.

 

 

 

por Alberto Díaz Pinto

Orixinal: http://lavozdelmuro.net/el-mercado-negro-musical-en-la-antigua-urss-vinilos-hechos-con-radiografias/

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información