imaxe da nova
Contacto e Tarifas

ENTREVISTA A SEILA ESENCIA. SOCIA NÚM 263

imaxe do usuario Xestor Xestor
17 marzo 2015

-En plena adolescencia súbeste a un escenario por primeira vez, que recordos tes desas primeiras veces no escenario?

 

Sempre digo que pouco recordo da miña infancia, e sempre creo que é porque tiven a mellor das adolescencias. Calquera carencia ou falta de medios non quitaba xamais as ganas de gozar da música e os directos.

É alucinante ver cara atrás e poder contar tantas boas historias de noites cheas de maxia grazas ós concertos. Foi, e sigue sendo, a felicidade suprema.  Grazas Phantom Club por convidarme esa primeira vez e non deixarme baixar nunca.

 

-Co grupo Phantom Club percorriches moitos lugares ao longo dos dez últimos anos. Que che aportou esta experiencia?

 

Foi o mais bonito da miña vida artística, una familia creada a través da música. Centos de bos momentos, aprendizaxemusical constante, experiencias inesquecibles, tolas noites de funk……

 

-En que pensas/que sentes cando escribes as túas letras? Van dirixidas a algún público en especial?

 

A miña maneira de escribir é imaxinar máis que pensar; así deixo divagar a mente ata que sinto que conecto co divino. Que cada letra nova que escribo e un momento máxico e irrepetible; no que a música e eu conectamos. 

Penso que a música é universal, e que todos pasamos ao  longo da vida por moitos estilos musicais. Segundo a idade e a etapa na que nos atopamos cambiamos os gustos. Por iso considero que a miña música é para todos os públicos de todas as razas e idades.

 

-Recentemente estiveches participando no programa de Tve “Hit la Canción”, nel concursaban compositores-as cos seus temas que logo eran elixidos por artistas consagrados, alí fuches finalista co teu tema “Duermesmientrasyo escribo”. Como se vive algo así?

 

É todo una loucura, demasiadas sensacións e sentimentos de golpe. Un sono feito realidade, xa que, sempre pensei que era un bo tema pero difícil de interpretar e non chegaría á final.

Unha historia máis para contar nunha canción.

 

-“Duermes mientrasyo escribo” foi escollido por Marta Sánchez e ademais de cantalo na gala final contigo deuche a sorpresa de que ía estar incluído no seu próximo disco. Fálanos deste acontecemento.

 

Foi o premio para rematar esta fantástica aventura, esta muller non parou de darme sorpresas dende o principio ata o final do programa. Que decidirá parar o lanzamento do seu disco, parar a impresión dos discos pola contraportada e un centenar de cambios mais para incluír o meu tema “Duermesmientrasyo escribo” foi o mellor que me podía pasar.

 

-Como muller, cres que se vive doutro xeito esta profesión? (pensas que hai trabas, sexismo...?)

 

Eu persoalmente vou dar a miña opinión; tratei con moitos profesionais da música e xamaisme sentín diferente a un home. Incluso no Rap, onde o machismo, cando eu comecei, estaba á orde do día; sempre tiven moito apoio.

 

-Porque aconsellarías asociarse a Músicos ao Vivo?

 

Porque é unha organización creada por músicos e persoas que traballan no mundo do espectáculo en directo e que saben o difícil que é este mundo. Unha boa maneira de salvagardar os nosos dereitos e de ter voz propia para intercambiar ideas.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información