imaxe da nova
Contacto e Tarifas

Entrevista Familia Caamagno

imaxe do usuario Xestor Xestor
3 agosto 2015

Dende a Galicia máis profunda e remota chega a Familia Caamagno disposta a manter e perpetuar as súas raíces italoamericanas. Mesturando o garage, o blues, a empanada de polbo, os espaguetes boloñesa, o rhythm and blues, o punk, o sexo nas obras, a hixiene persoal e a extorsión con swing, pretenden facer bailar a tod@s @s que se acheguen ás súas galas. Aínda que non queiran.

- Porque pensades que é importante asociarse a Músicos ao Vivo?

O asociacionismo é un factor imprescindible para defender os dereitos dos músicos galegos fronte ás diferentes administracións. Os recentes ataques á música en directo en Compostela por parte do goberno saínte deixan claro cal é o único medio de actuación: a acción directa. E a modo de interlocutor, a asociación :)
Outro dos motivos polos que nos asociamos é para poder votarnos a nós mesmos nos Premios Galegos da Música.

- O ano pasado editastes o voso terceiro disco “Hai que andar cos tempos” (Lixo Urbano 2015). Como respondeu o público?

Realmente “Hai que andar cos tempos” é o noso terceiro traballo. Durante este tempo editamos dous EP's e un sinxelo de Nadal.
A recepción por parte do público foi moi boa así como a da crítica e medios especializados. Véxase o caso de El sótano de Radio 3. Dicimos isto porque como todo o mundo sabe, o de fóra sempre é mellor. (Evidentemente sabemos que en Portugal é todo unha miseria e unha pobreza).

- Como vivides estes tempos (na música, na vida, na economía, na política...)?

Ben, estamos moi contentos con todo. Gañamos bos soldos e temos traballos estables o que nos asegura un porvir brillante por pouco que nos esforcemos. Confiamos plenamente nas aptitudes dos nosos dirixentes e nunca pensamos en cagarnos nos seus respectivos proxenitores.

- Levades nos escenarios como Familia Caamagno desde o ano 2010, cal é a actitude da audiencia durante os vosos concertos? Anímanse a bailar as xeracións que mocearon nos sesenta cos temas orixinais das vosas versións?

A ansia máis fonda que ten a Familia Caamagno e facer bailar ó respectable. Gústanos que a xente brinque e que faga movementos coas mans, pero preferimos que baile, porque así é coma máis orgánico que andar a mover as extremidades sen control. Penso que o conseguimos, algunhas veces costa máis ca outras. Aceptamos que a xente asinta coa cabeza pero preferímolo se vai acompañado dun sorriso.
En canto ó tema dos vellos non sabemos ben que dicir. Hai algún moi gracioso.

- Cal é a canción imprescincible en todo guateque?

“En el rollo está la solución” de Micky (cantante de Micky y los Tonys). Pola súa desenfadada apoloxía do alcohol e as drogas duras como uso terapéutico contra a depresión.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información