imaxe da nova
Institucións amigas

Novos tempos

imaxe do usuario Xestor Xestor
3 agosto 2015

Nestas últimas eleccións municipais houbo un cambio notable nos gobernos de moitas das principais cidades galegas. Polo que a nós respecta, o mundo da cultura respirou cun certo alivio, á espera de que a situación de crecente asfixia do sector desafogue un pouco. Aínda non lles deu tempo a facer moita cousa, pero parece que as políticas están mudando e que se está amosando unha nova sensibilidade cara a cultura do país. A recepción do novo alcalde de Santiago á Plataforma Compostela Territorio Musical, e o seu compromiso para buscar solucións para a música ao vivo até que se modifique a normativa vixente é un claro exemplo.
Pero nós temos que seguir cos mesmos obxectivos: un cambio da lei autonómica de espectáculos e unha maior presenza da música galega tanto nos escenarios do país coma nos medios públicos. A este respecto, a aparición de cada vez máis membros do colectivo dispost@s a traballar tamén está sendo fundamental. Na Coruña acaba de constituirse o grupo local de MAV, denominado MAV Coruña, que ven a unirse ao de Santiago, que hai pouco celebrou unha exitosa asemblea aberta durante as Festas do barrio de San Pedro. Estes grupos están fortalecendo a asociación e ademáis, serven de pulo a nivel local de todas as nosas reivindicacións. Por outra banda, cada vez hai máis reunións do colectivo para tratar estes temas, e nelas está participando cada vez máis xente, o que é unha clara mostra de que cada vez somos un colectivo máis concienciado.
Agora hai que seguir traballando, porque os problemas cos que nos enfrontamos son moitos e de difícil solución, pero parece que os ventos sopran a favor.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información