imaxe da nova
Institucións amigas

I Festival dos Premios Martín Códax da Música

imaxe do usuario Xestor Xestor
13 setembro 2015

Os Premios Martín Códax da Música estanse a afianzar en cada edición, non só como unha forma de significar aqueles músicos, grupos, salas e medios que destacaron co seu traballo nun ano determinado, senón tamén como unha mostra da música da nosa terra. Pero queremos ir un pouco máis alá, e por iso, este ano, imos introducir algúns cambios con respecto aos anteriores.

En primeiro lugar, e como xa vimos anunciando dende hai un tempo, as datas do proceso de votación e a gala final adíanse até a primavera do 2016. Dende MAV tomouse esta decisión despois de considerar varios factores, aos que este ano hai que engadir a coincidencia co proceso electoral no mes de decembro, xusto nas datas nas que se viña celebrando a gala.

Ademáis, e recollendo a demanda de moit@s soci@s que consideraban que nas galas faltaba precisamente música ao vivo, no vindeiro mes de outubro vaise celebrar en Santiago o I Festival dos Premios Martín Códax da Música, onde poderemos escoitar os traballos de todos aqueles que foron premiados na última edición.

Este festival vaise celebrar en escenarios tan emblemáticos da cidade de Santiago coma o Salón Teatro, o Teatro Principal, a Sala Capitol, o CGAC ou a Zona C. Pero tamén lugares como a Praza de Abastos e a Quintana terán o seu protagonismo. Para levar a cabo todo isto contamos co patrocinio e apoio das Bodegas Martín Códax, o Concello de Santiago, a TVG, a RG, e a Cadena SER.

Estades tod@s convidad@s e, por suposto, contamos convosco para que espalledes todo o que vaiamos publicando nas redes sociais e entre tod@s consigamos facer que o festival sexa un éxito e unha auténtica festa da música galega.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información