ABERTO O PRAZO PARA QUE AS BANDAS EMERXENTES PRESENTEN AS SÚAS PROPOSTAS AOS SHOWCASES NA SEMANA DA MÚSICA DE A CORUÑA
Até o 20 de maio todos aqueles artistas emerxentes que o desexen poderán presentar as súas solicitudes para participar nos showcases que achegarán a música emerxente aos programadores das salas de música en directo de toda España convocados á cita os días 14 e 15 de xuño.
A Coruña, 9 de maio de 2016.-
A Coruña acollerá entre o 13 e o 18 de xuño a Semana da Música, un evento que da cabida ao XI Congreso Estatal de Salas de Música en Directo, que durante 6 días encherá a cidade de talleres, charlas, mesas redondas, ponencias e proxeccións en torno á industria musical. E de concertos, claro.
Por este motivo ábrese o prazo de inscrición para aquelas bandas e artistas que desexen participar nos showcases do Congreso. Poderán presentar as súas propostas para protagonizar este concertos que Terán lugar os días 14 e 15 de xuño nas diversas salas coruñesas asociadas.
Poderán inscribirse todos os artistas emerxentes de calquera estilo musical, tanto solistas coma bandas, con a lo menos un EP ou LP editado e, en ningún caso, con máis de 2, que estean domiciliados en Galicia, presenten temas orixinais e presenten a súa solicitude a través do formulario que aparece na web:
http://salasdeconciertos.com/semana-de-la-musica/showcase/
O prazo de inscrición remata o 20 de maio de 2016.
Entre os grupos inscritos que cumpran todas as bases seleccionaranse 7 bandas ou solistas que ofrecerán un concerto de 25 minutos os días 14 ou 15 de xuño nas salas coruñesas asociadas a Clubtura.
Toda a información e as bases en: