imaxe da nova

AO REDOR DA MUSICA: Charlas formativas

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 xullo 2016

A asociación Músicos ao Vivo organiza un curso enfocado a músicos, tanto amadores como profesionais, que queran formarse nos diferentes aspectos que rodean á música en directo, así como a profesionais doutras áreas da cultura ou estudantes das diferentes ramas das industrias culturais que podan ter interese.
O curso está dividido en tres bloques: facturación e contratos, son e riders técnicos, e venda e comunicación.

1. FACTURACIÓN E CONTRATOS
Neste bloque abordaremos as cuestións legais que acompañan a un concerto, desde os contratos coas administracións e empresas até a facturaci ón e as altas na Seguridade Social. Resolveremos as dúbidas que todo isto xera normalmente aos músicos, ofrecendo diferentes solucións e aconsellando sobre as mellores opcións.
Imparte: Manuel Alonso (xerente de Músicos ao Vivo).

2. SON E RIDERS TÉCNICOS
Neste bloque aprenderemos nocións básicas sobre o funcionamento dos equipos de son e que material é o máis apropiado para cada proposta artística.
Veremos tamén algúns consellos para facer un rider técnico correctamente.
Imparte: Diego Basadre (técnico de son).

3. VENDA E COMUNICACIÓN
En numerosas ocasións atopámonos con moi boas formacións musicais que non saben como comunicar o que ofrecen nen onde facelo, desde un punto de vista tanto mediático como de venda. Este bloque dividirémolo por tanto en dous apartados:
a) Venda: redes, circuitos e feiras profesionais.
b) Comunicación: material de comunicación e prensa.
Imparte: Aitana Cuétara (manager e booker; voceira de Músicos ao Vivo).

 

Despois das charlas realizadas na Semana da Música de A Croruña organizadas por ACESS, voltamos dos días 19 a 21 de xullo en Ferrol.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información