O domingo 25 de marzo terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria da asociación Músicos ao Vivo no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), ás 12:00h. Cambiamos a hora habitual da reunión, para tratar de que o maior número de soci@s podan acudir á asemblea.
O motivo desta asemblea é informar sobre as actuacións levadas a cabo durante o ano 2017 e os proxectos que estamos acometendo de cara a este ano, que como sabedes son moitos e de gran calado.