imaxe da nova
Asociación

Participación de MAV na mesa "A música é traballo" do Canjazz 2018

imaxe do usuario Xestor Xestor
23 agosto 2018

O pasado mércores 22 de agosto, no salón de plenos do concello de Cangas, tivo lugar a mesa redonda "A música é traballo" no remate do Canjazz - Festival Internacional de Jazz de Cangas na que participaron Manuel Alonso en representación da Asociación Músicas ao Vivo e de Músicos ao Vivo Sociedade Cooperativa Galega, xunto con Inés Portela, manager e produtora e o sindicalista David G. Aristegui.
 

Na mesa fíxose un repaso á situación do sector musical, problemáticas endémicas e os diferentes xeitos de tentar atopar solucións. 

Sindicalismo, as cooperativas de músicos, a situación dos principais programadores musicais foron algúns dos temas tratados na mesa, con participación activa do público asistente, na súa meirande parte músicos.

Un pracer que contaran con nós para esta iniciativa, interesante á par que necesaria no país.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información