Ana Romaní, directora do Diario Cultural da Radio Galega durante 28 anos, ven de ser recoñecida co Premio Nacional de xornalismo cultural que outorga o Ministerio de Cultura.
O xurado salientou a “longa traxectoria no xornalismo” de Romaní, “o seu constante traballo de promoción da cultura e da radio con formatos propios”. Tamén sinalou “a súa visión de feminismo crítico e o seu compromiso social”.
Sobre o Dierio Cultural, cabe salientar que a emisora pública suprimiu o espazo na programación desta tempada, aínda que mantivo o nome con outro formato.
Podedes ver a nova aquí.