imaxe da nova
Asociación

A Coruñá é! Música. Censo para proxectos musicais de Coruña e comarca

imaxe do usuario Xestor Xestor
26 decembro 2018

Xa está aberto "A CORUÑA É! MÚSICA", un censo para proxectos musicais en activo de A Coruña e comarca, que pon en marcha a sección Coruña de Músicas ao Vivo, co apoio do Concello de A Coruña.

A idea e obxectivo fundamental é dar a coñecer de maneira oficial o enorme talento dos proxectos musicais activos en A Coruña e na súa comarca, para tentar favorecer e mellorar así o consumo de música de proximidade na cidade.

Esta lista de proxectos "made in Coruña", visibiliza a escena musical coruñesa, sendo os propios artistas os encargados de rexistrarse na plataforma online desta web nos prazos correspondentes, así como de aportar os datos requiridos para formar parte do mesmo. Tentaremos que este censo oficial, público e actualizado, se utilice como fonte de programación cultural en A Coruña, tanto nas canles habituais como en novas iniciativas que exploren a descentralización cultural e a busca de novos usos, públicos e privados. Este censo pretende converterse nunha ponte de comunicación directa, polo que funciona para o seu uso entre outros programadores culturais públicos e privados da cidade. Ademais daremos cabida tamén a eses "cómplices" na música ao vivo como son as salas, os festivais e os medios de comunicación musicais.

"A CORUÑA É! MÚSICA" revélase como unha ferramenta útil, dinámica, viva e democrática para incentivar a programación do talento local. Usémola!!!

Podes inscribirte xa AQUÍ.

 

REQUISITOS PARA INSCRIBIRSE

Destinado a todos os proxectos musicais profesionais e en activo na área de A Coruña. Aberto a tódolos xéneros musicais, a todo tipo de formacións así como a tódalas idades. Tamén a salas, os festivais e os medios de comunicación musicais.

Para formar parte deste censo, é indispensable cumprir polo menos unha das seguintes condicións:

  1. Que polo menos o 50% dos membros do proxecto musical desenvolva con regularidade a súa base de acción profesional musical en A Coruña e/ou comarca (* comarca: Arteixo, Culleredo, Oleiros...)
  2. Que polo menos o 50% dos membros do grupo sexa residente en A Coruña e/ou comarca.
  3. Que cando menos un dos compoñentes do proxecto sexa membro de Músicos ao Vivo Sección A Coruña.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información