O próximo domingo 17 de marzo ás 17:00h terá lugar a II Asemblea do Observatorio pola Igualdade En Órbita no Espazo para a arte OS CATRO GATOS situado na Rúa das Rodas, 13 en Santiago de Compostela.
En Órbita nace da necesidade de crear un observatorio que traballe a prol da igualdade de xénero, dentro da industria da música en Galicia.
Na I Asemblea de MAV En Órbita analizamos a situación da muller na industria da música en Galicia, falamos de iniciativas que promovan a igualdade de xénero, consideramos a importancia de mapear as desigualdades entre homes e mulleres no sector e plantexamos estratexias de intervención social para previr e actuar ante a discriminación por cuestións de xénero. Ademais, consideramos relevante a creación dun censo de mulleres galegas que visibilice a diversidade artística no noso territorio.
Desde Músicas ao Vivo queremos que MAV En Órbita sexa un punto de encontro aberto e mixto onde mapear as desigualdades de xénero dentro e fóra dos escenarios, propoñer liñas de traballos e tomar accións encamiñadas cara unha igualdade real e efectiva.
Traballaremos para que MAV En Órbita sexa un espazo de encontro entre profesionais e colectivos que compartan as mesmas inquietudes sobre a inclusión da perspectiva de xénero en todos os procesos artísticos e a súa periferia.
Agardamos que confirmedes a vosa asistencia respostando a este correo electrónico: comunicacion@musicosaovivo.com
Vémonos o 17 de marzo!