MAV participa este xoves nunha charla sobre o Estatuto do Artista e os cambios lexislativos neste 2019. Así, en avance, a baixada do IVE e o novo tratamento do IRPF foron medidas adoptadas en adianto do que está por chegar. Pero, cal é a situación actual? Que novas medidas caben esperar?
Cabos Soltos é un programa municipal dirixido a promover a cultura emerxente da cidade e a fortalecer o tecido económico local, co apoio do Concello de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra.
Dende o Concelloentenden que "a hostalería é un sector clave na dinamización local así como na xeración de emprego. É un feito que algúns locais levan tempo promovendo actuacións en directo de bandas de pequeno formato, así como a difusión das creacións de artistas plásticos, poetas… sendo unha plataforma imprecindíbel para a cultura de base."
"Sen esquecermos da oferta de grandes eventos, que -sen dúbida!- tamén contribúen á economía galega e á difusión da cultura en diferentes formatos expansivos, dende o Concello cremos que é necesario acompañar esta liña de acción cun esforzo por garantir que as pequenas salas e establecementos poidan seguir programando."
E non é casual que esta iniciativa xurda en Pontevedra, onde dende fai moito tempo a Concellaría de Xuventude e as áreas de Cultura e Promoción da Cidade estimularon a creación dunha escena creativa a través de diferentes iniciativas coma o Local de Ensaio, Artistas na Rúa, Pontevedra ten un Puntazo, Sétima Feira, Quince Bolos, Galegote, Pontepoética… Ademais, contamos cun campus especializado na creatividade e diversas iniciativas privadas vencelladas coa filosofía de Cabos Soltos.
Cabos Soltos nace para visibilizar a cultura de base, e para continuar apostando pola creación emerxente, fundamental para manter a nosa política local de apoio á economía creativa e xorde do diálogo entre sector privado, tanto da hostalería coma cos/as profesionais (creación artística), e o sector público.
WEB OFICIAL -> http://www.pontevedra.gal/cabos-soltos/festa-cabos-soltos/
CHARLAS (Casa da Luz - Praza da Verdura s/n 36002, Pontevedra)
XOVES 21 DE MARZO
1. A escena musical actual en Pontevedra. 10:30-12:00
Análise da situación da industria na cidade de Pontevedra. Iniciativas, fitos, oportunidades, riscos e desvantaxes.
Moderadora: Marisa Ciordia (xornalista PontevedraViva)
Relatores: Carlos Crespo (Fugas,La Voz de Galicia) Gonzalo Maceiras (coordinador da Escola Estudo Bonobo e músico), Anabel Gulías (Concelleira de Promoción Económica e Turismo)
2. Son músico, teño dereitos? O novo Estatuto do Artista. 12:30-14:00
O Estatuto do Artista traerá cambios neste 2019. Así, en avance, a baixada do IVE e o novo tratamento do IRPF foron medidas adoptadas en adianto do que está por chegar.
Pero, cal é a situación actual? Que novas medidas caben esperar?
Moderadora: Herminia Martínez (coordinadora de Girando por Salas)
Relatores: Anxela Baltar (Bala), Manuel Alonso (xerente de Músicas ao Vivo), Carmen Zapata (xerente de ASACC-asociación de salas de concertos de Cataluña, portavoz da PLAM-Plataforma Estatal pola música)
3. Onde está o meu diñeiro? O marco económico actual e os novos modelos de monetización 16:30-18:00
A financiación das bandas, dependen en gran medida, da capacidade que teñan de xerar ingresos. Como se está a pagar nos festivais ás bandas noveis? É rentable o circuito de salas? Cales son os novos modelos de xeración de ingresos?
Moderador: Juan Rivas (La 10planta, Ourense ICCWeek, Vive Nigrán)Relatores: Ramón Rey García (Avogado especializado en Dereito de Autor, Castelao Avogados), Miguel Martorell (director de Altafonte Spain), Alberto Alfonso, (director de Art-Music, FIV Vilalba)
4. The final countdown: morte irreversible do modelo de negocio 18:30-20:00
O negocio musical, cambiou. E fixoo tan vertixinosamente nos últimos vinte anos que debemos analizar se a industria evolucionou ao mesmo ritmo que as novas formas de consumo e as tendencias. Estamos preparados para o futuro inmediato?
Moderador/a: Marta Gómez (xornalista, directora Zigzag diario)
Relatores: Paula Rego (baterista de Agoraphobia), Rafa López (xornalista, Visado-Faro de Vigo), Raquel Seijo (promotora, Sweet Nocturna)
VENRES 22 DE MARZO
1. Das salas ós festivais: criterios programativos e conflictos. 10:30-12.00
As salas son históricamente o medio natural de nacemento e desenvolvemento das bandas, pero a súa labor vese cada vez máis mermada pola aparición de festivais e as exclusivas que éstes esixen aos seus participantes. ‘E posible a armonía entre ambas realidades?
Moderadora: Marián Fernández (O Cable Inglés)
Relatores: Julio Gómez (investigador,director de Sinsal), Tali Carreto (co-director Monkey Week) Miguel de la Cierva (programador El Naútico).
2 .Está a escena musical preparada para a paridade? 12:30-14:00
Analizaremos se o punto de partida é o mesmo para tod@s ou se debemos repensar as prácticas actuais e establecer estándares de igualdade de xénero dentro da industria no estado.
Moderadora: Arancha Estévez (xornalista especializada en cultura)Relatores: Almudena Heredero (directora do Primavera Pro), Susana Laya (co-directora Atlantic Fest), Marcela Sanmartín (programadora e creadora de contidos)
3 .Resolución de conflictos contractuais. Cumprimos todos coa lei? 16:00-17:30
Poñeremos sobre a mesa ós problemas ós que nos enfrontamos salas, músicos, festivais e axencias para o cumprimento efectivo das diferentes leis que regulan a nosa actividade.
Moderador/a: Tomi Legido (vogal da AGPXC- Asociación Galega de Profesionais de Xestión cultural, programador sala Mardi Gras)
Relatores: Fran Velo (baixista en Heredeiros da Crus e The Lákazans), Xabier Alonso (director da Asociación Festivais de Galicia), Patricia Gabeiras (doutora en Dereito da Cultura e socia directora da firma Gabeiras & Asociados)
4. Obradoiro: aprender a facer ruido para gritar menos, pero gritar mellor 18:00-19:30
A intención deste obradoiro é dotar de ferramentas ós artistas para que saiban manexar os recursos que lles permitan acceder ós programadores e ós medios de comunicación. Desde como preparar unha folla de promo, ata as redes, como enviar un correo electrónico, ou como trazar unha estratexia efectiva para pechar bolos
Impartido por: Ivone Lesan. (Booker internacional. Sala Razmatazz)