O domingo 24 de marzo terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria da asociación Músicas ao Vivo na Nave de Vidán (Santiago de Compostela), ás 11:00h. Ubicación.
O motivo desta asemblea é informar sobre as actividades levadas a cabo durante o ano 2018 e os proxectos e retos que nos marcaremos de cara a este ano 2019.
Queremos que todos os socios e socias sexan partícipes do rumbo da asociación e que estean informados regularmente de todo o que se está facendo.
Recordamos que nesta asemblea acordarase o Premio Honorífico Músicas ao Vivo desta edición dos Premios Martín Códax da Música.
Para aquelas persoas que estean interesadas en quedar a xantar despois da asemblea na Nave de Vidán, haberá un menú especial para socios e socias.
Para esta Xunta Directiva é importante que os músicos e músicas estean informados e que participen do colectivo.