A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo abre desde hoxe ata mércores 8 de maio o prazo de inscrición de propostas de concertos na Rede Galega de Música ao Vivo 2019. O trámite realízase a través do web galescena.gal, seguindo os pasos que se detallan a continuación.
Cómpre salientar algunhas novidades con respecto a pasadas edicións:
1º Nesta edición soamente haberá un períodod de programación (semestre) que previsiblemente comezará a partires de xuño.
2º Os grupos/proxectos musicais xa non asinarán contrato directo con Agadic. Serán as salas as que asinen un convenio con Agadic e as que fagan un contrato privado con cada proxecto musical para cada actuación, tamén serán as responsables de solicitar as altas na S.S. aos músicos das formacións, e por último tamén serán as encargadas de facer o pagamento do caché total ao grupo/proxecto musical a través de transferencia bancaria.
-Instrucións para os grupos que NON estean dados de alta en galescena.gal
1º Solicitar a alta como grupo musical.
2º Encher todos os datos relativos ao grupo e premer no botón enviar.
3º Agardar pola notificación que chegará ao correo electrónico de contacto, a través da que se confirmará a validación do grupo.
4º Entrar de novo en galescena.gal e crear as fichas dos concertos a ofertar.
5º Unha vez creadas as fichas, volver a INICIO e asocialas á Rede Galega de Música ao Vivo (a normativa de funcionamento está dispoñible para a súa consulta no apartado de DOCUMENTACIÓN de galescena.gal).
-Instrucións para grupos dados de alta en galescena.gal:
1º Entrar na web co usuario e contrasinal habituais.
2º Na zona privada, acceder á pestana de concertos para ver as fichas creadas con anterioridade.
3º Revisar a información de cada un dos concertos, modificando o que se estime oportuno, ou crear novas fichas.
4º Unha vez modificado ou creado o concerto, voltar á pestana INICIO e asociar as fichas á Rede Galega de Música ao Vivo (paso imprescindible para figurar entre os concertos ofertados).
5º Rematado todo o proceso, as popostas de concertos pasan a ser ofertados ao circuíto.
A medida que se van cumprimentando os datos, o propio sistema indica cal é o seguinte paso. Ademais, dentro da páxina existe un documento de preguntas frecuentes con información máis detallada de todos os pasos a seguir para inscribir ou modificar espectáculos.
En caso de dúbida, os contactos do departamento de Programación da Agadic son:
programacionagadic.2@xunta.gal
Tel: 881 996 087 / 088
Horario de atención ao público: de luns a venres, agás festivos, de 9.00 a 14.00 horas.
Para os músicos e músicas que o precisen, dende Músicos ao Vivo S. Coop. Galega podemos xestionar as actuacións e altas dos músicos e músicas da cooperativa.