imaxe da nova
Nova Galega

Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais 2019

imaxe do usuario Xestor Xestor
31 maio 2019

A Consellería de Cultura e Turismo destina 460.000 euros á nova convocatoria de subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para as actividades de distribución neste sector, que se publicou o 29 de maio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A súa finalidade é favorecer a proxección exterior das industrias culturais galegas, cofinanciando os gastos que asumen as empresas á hora de buscar unha maior difusión do seu traballo.
  
O prazo de solicitude desta convocatoria, inserida dentro do programa xeral de axudas da Agadic ás industrias culturais, esténdese desde o 30 de maio ata o vindeiro 31 de xullo para aquelas actividades desenvolvidas entre o 1 de novembro de 2018 e o 31 de outubro de 2019. A súa concesión é automática e realízase por orde de entrada, atendendo todas aquelas solicitudes que reúnan os requisitos esixidos ata finalizar o prazo ou, no seu caso, ata o esgotamento do orzamento de 460.000 euros. Dende MAV e outros axentes do sector xa expresamos á Administracióno a necesidade urxente de cambiar a metodoloxía de concesión actual por outra que teña en conta circunstancias reais.
 
Reformulación das modalidades
Como novidade este ano, modifícase a clasificación destas subvencións para establecer dúas grandes modalidades, artes escénicas e música, entre as que se distribúe o orzamento ao 50%. Ambas inclúen subcategorías destinadas a actividades desenvolvidas fóra de Galicia: distribución de espectáculos, actuacións en feiras e festivais, e asistencia a feiras e mercados culturais, mentres que a de artes escénicas dispón dunha cuarta submodalidade destinada a apoiar xiras dentro da nosa Comunidade.

Información Agadic

Enlace DOGA

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información