O vindeiro xoves, 20 de xuño terá lugar a xornada "Galicia, territorio musical" na Sala Aturuxo de Bueu (Rúa Pazo Fontenla, 59). Esta xornada está organizada e patrocinada pola Deputación de Pontevedra e conta coa colaboración de Músicas ao Vivo, os Premios Martín Códax da Música e sala Aturuxo.
O programa da xornada constará de 3 concertos de proxectos premiados na VI edición dos Premios Martín Códax da Música, como son Su garrido Pombo, Tanxugueiras e Baiuca.
Tamén haberá un "workshop" ou charla formativa impartida por Músicas ao Vivo sobre a xestión dun proxecto musical, especialmente encamiñado a resolver as dúbidas en torno á facturación, obrigas e dereitos dos músicos e músicas, lexislación vixente, etc.
Por último, teremos tempo para unha palestra chamada "Galicia: Estratexias dun territorio musical periférico e singular nun mundo global" onde se abordarán cuestións interesantes da man duns relatores con moita experiencia no sector: Rosa Salgado (responsable de produción e management), Miguel de la Cierva (promotor en sala Náutico de San Vicente), Jordi Lorenzo (director artístico SonRías Baixas), Su Garrido Pombo (música) e Alejandro Guillán "Baiuca" (músico).
Programa:
17:00 Concerto Su Garrido Pombo
17:30 Workshop Músicas ao Vivo "Sabes xestionar o teu proxecto musical?"
19:00 Palestra "Estratexias dun territorio musical periférico e singular nun mundo global"
20:30 Concerto Tanxugueiras
21:00 Concerto Baiuca