Do 20 de setembro ao 17 de outubro permanecerá aberto o prazo de inscrición de espectáculos e concertos para o 1º semestre da RGTA 2020.
Podedes inscribir os vosos proxectos e acceder á normativa aplicable dende a web de Galescena.
Dende MÚSICOS AO VIVO S. COOP. GALEGA podemos axudar aos músicos/as a xestionar as contratacións desta e doutras redes de Agadic.
Constituída en 1996 co obxectivo de impulsar a distribución dos espectáculos galegos, a Rede Galega de Teatros e Auditorios consolidouse nestes anos como o principal circuíto para a exhibición da produción escénica galega de carácter profesional, á que dota de estabilidade na súa programación habitual. A Agadic cofinancia esta rede xunto cos concellos e entidades xestoras do medio centenar de espazos asociados. O seu calendario de funcións estrutúrase en períodos semestrais de programación. As artes escénicas, a música e a maxia teñen cabida neste circuíto, con especial protagonismo do teatro e das compañías galegas.