imaxe da nova
Nova Galega

Abertas convocatorias de redes de Agadic

imaxe do usuario Xestor Xestor
13 novembro 2019

Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) comunica a apertura de convocatorias dalgunhas das súas redes.

Do 13 de novembro ao 2 de decembro permanecerá aberto o prazo para a programación do 1º semestre de 2020 para os espazos adheridos á Rede Galega de Teatros e Auditorios.

 

Por outra banda, ponse en marcha a nova convocatoria para a admisión de salas na Rede Galega de Música ao Vivo. O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 9 de decembro para os locais privados interesados en formar parte deste circuíto profesional.

De acordo coa nova convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), entre todas as solicitudes recibidas seleccionarase un máximo de 30 locais para acoller a programación en rede de 2020. Poderán optar a formar parte dela as persoas ou entidades xestoras de salas de música de titularidade privada que reúnan unha serie de requisitos, como estar en posesión das autorizacións legalmente esixidas para realizar espectáculos en directo ou contar cunha programación estable de concertos durante os dous últimos anos, cun mínimo de 25 actuacións musicais realizadas.
 
Unha comisión encargarase de valorar todas as solicitudes para elaborar unha proposta de admisión de acordo cos criterios de baremación que se especifican nas bases. Entre eles, a capacidade do local, antigüidade, concertos programados nos últimos dous anos e equipamentos audiovisuais, así como o acceso ou estado do escenario e dos camerinos.
 
Unha vez rematado este proceso, as salas adheridos disporán dun novo prazo para deseñar as súas programacións no marco da Rede Galega de Música ao Vivo, a partir do catálogo de artistas e grupos que lles facilitará a Agadic.

É importante salientar a necesidade de asociar o proxecto musical na web de Galescena.gal cando se abra o prazo correspondente.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información