imaxe da nova
Nova Galega

Aberta a inscrición de grupos na RGMV 2020 ata o 31 de xaneiro

imaxe do usuario Xestor Xestor
8 xaneiro 2020

Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) abre do 8 ao 31 de xaneiro o prazo de inscrición de propostas de concertos na Rede Galega de Música ao Vivo 2020. O trámite realízase a través da web galescena.gal,

Para este ano só haberá unha convocatoria, as salas participantes nesta rede realizan a programación para todo ano.

Seguindo o modelo de 2019, os grupos/proxectos musicais xa non asinarán contrato directo con Agadic. Serán as salas as que asinen un convenio con Agadic e as que fagan un contrato privado con cada proxecto musical para cada actuación, tamén serán as responsables de solicitar as altas na S.S. aos músicos das formacións, e por último tamén serán as encargadas de facer o pagamento do caché total ao grupo/proxecto musical a través de transferencia bancaria.

Para os músicos e músicas que o precisen, dende a cooperativa Músicos ao Vivo S. Coop. Galega podemos xestionar as actuacións e altas dos músicos e músicas da cooperativa. Podedes chamarnos para informarvos.

-Instrucións para os grupos que NON estean dados de alta en galescena.gal
1º Solicitar a alta como grupo musical.
2º Encher todos os datos relativos ao grupo e premer no botón enviar.
3º Agardar pola notificación que chegará ao correo electrónico de contacto, a través da que se confirmará a validación do grupo.
4º Entrar de novo en galescena.gal e crear as fichas dos concertos a ofertar.
5º Unha vez creadas as fichas, volver a INICIO e asocialas á Rede Galega de Música ao Vivo 2020 (a normativa de funcionamento estárá dispoñible para a súa consulta no apartado de documentación de galescena.gal).

-Instrucións para grupos dados de alta en galescena.gal:
1º Entrar na web co usuario e contrasinal habituais.
2º Na zona privada, acceder á pestana de concertos para ver as fichas creadas con anterioridade.
3º Revisar a información de cada un dos concertos, modificando o que se estime oportuno, ou crear novas fichas.
4º Unha vez modificado ou creado o concerto, voltar á pestana INICIO e asociar as fichas á Rede Galega de Música ao Vivo 2020 (paso imprescindible para figurar entre os concertos ofertados).
5º Rematado todo o proceso, as popostas de concertos pasan a ser ofertados ao circuíto.

A medida que se van cumprimentando os datos, o propio sistema indica cal é o seguinte paso. Ademais, dentro da páxina existe un documento de preguntas frecuentes con información máis detallada de todos os pasos a seguir para inscribir ou modificar espectáculos.

En caso de dúbida, os contactos do departamento de Programación da Agadic son:
programacionagadic.1@xunta.gal
Tel: 881 996 087 / 088

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información