imaxe da nova
Nova Galega

20 salas admitidas na RGMV 2020

imaxe do usuario Xestor Xestor
4 febreiro 2020

A Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) desenvolverá a súa programación de 2020 en vinte salas privadas de toda Galicia como resultado da convocatoria de admisión posta en marcha a finais do ano pasado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Esta oferta cultural elaborarase a partir das propostas dos grupos e artistas inscritos no circuíto, no que Agadic asume o 90% do orzamento.

O prazo de programación abrirase proximamente a partir do catálogo de propostas dos grupos e artistas inscritos a través da intranet galescena.gal ata o 31 de xaneiro.
 
Na relación de locais admitidos, publicada hoxe na sección de avisos desta web, figuran catro novas incorporacións á Rede Galega de Música ao Vivo respecto a 2019: Aturuxo de Bueu, Sala Ruído de Ferrol, Sete Flores do Carballiño e Auriense de Ourense. Ademais, repiten como parte do circuíto Bâbâ Bar e Garufa da Coruña, A Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro, SalaSON de Cangas, A Ventana de Laxe, Clavicémbalo de Lugo, A Fundación e Pub Gatos de Melide, Náutico do Grove, Borriquita de Belem, Casa das Crechas e Sala Moon de Santiago de Compostela, A Arca da Noe de Vilar de Santos, e El Contrabajo, La Fábrica de Chocolate e La Pecera de Vigo.  
 
Unha comisión encargouse de valorar todas as solicitudes presentadas para elaborar a proposta de admisión de acordo cos criterios de baremación que se especificaban nas bases. Entre eles, tivéronse en conta a capacidade do local, a antigüidade, os concertos programados nos últimos dous anos e os equipamentos audiovisuais, así como o acceso ou estado do escenario e dos camerinos.
 
Neste circuíto, promovido pola Xunta en colaboración coas asociacións Clubtura e Músicas ao Vivo, ten cabida unha ampla variedade de estilos musicais, cun gran protagonismo dos grupos galegos. Durante o ano pasado ofreceu preto de 200 concertos en 20 espazos asociados, para o que se contou cun orzamento de máis de 170.000 euros.

Resolución Agadic

Listado salas en Galescena

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información