A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia organiza un café-presentación para informar das vantaxes e oportunidades que lle ofrece a Galicia a sección profesional do Bilbao Music Experience (BIME).
A actividade desenvolverase o 10 de febreiro na sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia.
Cómpre confirmar asistencia enviando un mail ata o xoves 6 de febreiro, co nome das persoas interesadas a agadic@xunta.gal.
O encontro contará coa participación de Vera Wrana (codirectora de BIME PRO), Patricia hermida (Mare Producción), Jordi lauren (Play Plan Cultural) e María Nieto (Asociación galega de Salas de Música ao Vivo - Clubtura).