imaxe da nova
Nova Galega

Cultura no Camiño 2020: inscrición de espectáculos/concertos aberto ata o 2 de marzo

imaxe do usuario Xestor Xestor
19 febreiro 2020

A Consellería de Cultura  e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a Axencia Turismo de Galicia, pon en marcha unha nova edición do programa Cultura no Camiño, destinada aos concellos polos que discorren os diferentes Camiños de Santiago e que se desenvolverá entre maio e setembro de 2020.

Para a configuración do catálogo de espectáculos e concertos deste programa, a Agadic abre un prazo do 19 de febreiro ao 2 de marzo para que todas as compañías e grupos interesados poidan inscribir os seus espectáculos/concertos a través da páxina web:  www.galescena.gal.

Poderán inscribirse en este programa espectáculos de teatro, danza, narración oral, novo circo, maxia e concertos de música de calquera modalidade, producidos e distribuídos por empresas dedicadas profesionalmente ás artes escénicas ou musicais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.

Quedan excluídas desta convocatoria as asociacións culturais e restantes entidades sen fins de lucro.

A convocatoria para os concellos intersados en adherirse a Cultura no Camiño 2020 será publicada proximamente no Diario Oficial de Galicia.

Para os músicos e músicas que o precisen, dende a cooperativa Músicos ao Vivo S. Coop. Galega podemos xestionar as actuacións e altas dos músicos e músicas da cooperativa. Podedes chamarnos para informarvos.

-Instrucións para os grupos que NON estean dados de alta en galescena.gal
1º Solicitar a alta como grupo musical.
2º Encher todos os datos relativos ao grupo e premer no botón enviar.
3º Agardar pola notificación que chegará ao correo electrónico de contacto, a través da que se confirmará a validación do grupo.
4º Entrar de novo en galescena.gal e crear as fichas dos concertos a ofertar.
5º Unha vez creadas as fichas, volver a INICIO e asocialas á rede Cultura no Camiño 2020.

-Instrucións para grupos dados de alta en galescena.gal:
1º Entrar na web co usuario e contrasinal habituais.
2º Na zona privada, acceder á pestana de concertos para ver as fichas creadas con anterioridade.
3º Revisar a información de cada un dos concertos, modificando o que se estime oportuno, ou crear novas fichas.
4º Unha vez modificado ou creado o concerto, voltar á pestana INICIO e asociar as fichas á rede Cultura no Camiño 2020 (paso imprescindible para figurar entre os concertos ofertados).
5º Rematado todo o proceso, as popostas de concertos pasan a ser ofertados ao circuíto.

 

Nova Agadic

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información