Comunicamos a cancelación e adiamento da Asemblea Xeral Ordinaria da asociación Músicas ao Vivo que estaba prevista para o vindeiro domingo 22 de marzo.
O motivo débese, como sabedes, á emerxencia social provocada polo coronavirus.
Recordamos que os socios e socias poden seguir enviando as propostas para o Premio Honorífico Músicas ao Vivo desta edición dos Premios Martín Códax da Música (info@musicasaovivo.gal).
Informaremos sobre a nova data da asemblea cando sexa posible a súa realización.